Centros De Estudos Galegos
CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS
CENTRUM STUDIÓW GALICYJSKICH
w Krakowie i w Warszawie
Centros De Estudos Galegos
www.galicia.pl
Centros De Estudos Galegos Centros De Estudos Galegos
Historia
Centros De Estudos Galeos

Reve historia de Galiza

Yolanda Ferro-Vázquez

O TEMPO MÁIS ANTIGO

O fin da Terra, o país onde morría o sol; unha rexión mítica e ancestral, pero sobre todo misteriosa, que vivía cara ó infindo océano, de costas ao continente... Ese foi a Galicia que atoparon os romanos alá polo 139 a.C. cando chegaron aquí por primeira vez, ou iso pensaron eles, que foron os que lle deron ese nome cheo de evocación: 'Finis Terrae'...

A partires dese momento, Galicia pasou a estar integrada nesa grande civilización latina, que foi se cadra o primeiro ensaio da grande demarcación administrativa que hoxe conecemos coma Unión Europea.

4.000 anos antes desenvolvérase aquí a Cultura Megalítica, da que aínda quedan os evocadores dólmenes, e máis de 2.000 anos pasaran desde que os devanceiros comezaran a debuxar as pedras con cervos e círculos e homes, codificando a paisaxe dunha forma que aínda hoxe resulta difícil de descifrar.

Cando os romanos chegaron, xa había alomenos sete séculos que os fillos do mítico rei Breogán, citados polas crónicas irlandesas e rememorados polo bardo Eduardo Pondal no himno galego, construían os castros, poboados fortificados que tinan coma sinal de identidade as insinuantes casas de muros curvilíneos.

Aos romanos interesoulles Galicia polos seus recursos mineiros e co tempo fixeron dela unha provincia máis do imperio á que chamaron Gallaecia. Eles aportaron técnicas innovadoras, artellaron un novo sistema de vías de comunicación, estableceron outras formas de organización da terra, e trouxeron o cristianismo e o latín. En linas xerais, os romanos foron tolerantes coa cultura existente, o que fai que os historiadores opten polo termo 'romanización' e non polo de 'conquista'.

Os suevos, que mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente asimilados polos visigodos, que impuxeron definitivamente en Galicia a lingua latina e a relixión cristiá, evolucionando a primeira cara ó galego e mesturándose a segunda cos costumes pagáns. O Islam chegou só timidamente ao sur de Galicia, que era entón moito máis extensa do que é hoxe, xa que dela se independizou, tempo despois, o reino de Portugal.

O CAMINO DE SANTIAGO E A DOURADA IDADE MEDIA

Dende antigo os homes seguiron a ruta do sol cara ao occidente máis occidental... ...Conta unha antiga tradición que Santiago, un dos doce apóstolos, viaxou a Hispania e chegou a Galicia, ao fin da terra, para difundires o cristianismo. Executado en Xerusalén no ano 44 e prohibido o seu enterro, os seus discípulos sucaron o mar ata Galicia, onde lle deron sepultura. A súa tumba quedou esquecida ata que no ano 813, un resplandor indicou o lugar no que se atopaba.

Tralo descubrimento do sartego, o Apóstolo foi proclamado patrón do pequeno reino cristián do noroeste da Península Ibérica, converténdose en guía e apoio da Cristiandade peninsular, mentres que no centro e no sur de Hispania prosperaba o Islam.

Naquel lugar levantouse unha ermida, que o paso do tempo converteu nunha monumental catedral. Arredor dela naceu e creceu unha marabillosa cidade levítica: Santiago de Compostela.

A partires do descubrimento os milagres e as aparicións fóronse sucedendo e proliferaron as lendas. Guiados pola Vía Láctea, o itinerario marcado polas estrelas na noite, miles de peregrinos comezaron a chegar desde afastados países de Europa. E así foise trazando a rede de calzadas que formou o Camino de Santiago, a cuxo carón se construíron igrexas e mosteiros, refuxios, albergues e hospitais, e creceron cidades e mercados.

Intanxible vía de comunicación de ideas, de propagación da fe, de relacións comerciais e intercambios artísticos e culturais, o Camino foi a ruta que construíu Europa, en palabras do propio Goethe, e fixo de Compostela a encrucillada da Cristiandade medieval.

Tempos de esplendor chegaron na Baixa Idade Media. O románico, que chegara a Galicia a traveso do Camino, alcanzou aquí a súa máxima expresión coa construción do maxistral Pórtico da Gloria da catedral compostelá, auténtica Biblia en pedra que marcou coa súa plasticidade o comezo dunha nova era para a arte.

Do Medievo é tamén a grande achega do galego á lingua castelá e á historia da literatura europea: as cantigas do século XIII, compostas por reis e trobadores de toda condición, entre as que destacan as do monarca Afonso X o Sabio.

A NADA MODERNA IDADE MODERNA

Absolutismo monárquico e cultura oficial castelá uniformaron Espana. A cultura galega, marxinada dos escritos oficiais, mantívose unicamente a través do pobo, que a mantivo viva na súa silenciosa fala.

Así, caladinamente, Galicia pasou polos chamados Séculos Escuros, ata que no século XVIII comezou a súa revitalización a traveso de figuras ilustradas e ilustres como o Pai Sarmiento.

O ESPERTAR DO SÉCULO XIX

No Rexurdimento a clase culta comezou a recuperar a lingua como vehículo de expresión, ao tempo que comezaba a toma de conciencia da diferenciación cultural e a construción dun ideario político propio. Desa época é a poetisa romántica Rosalía de Castro, que se converteu no mellor exponente da identificación dos intelectuais co pobo, identificación na que tamén se esforzaron os seus coetáneos Manuel Murguía, Manuel Leiras Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.

O DIFÍCIL SÉCULO XX

As reivindicacións dunha identidade política e cultural acentuáronse e así xurdiu nos primeiros anos do s. XX "Solidaridad Gallega", que pretendeu artellar unha fronte electoral sólida para facerlle fronte ao caciquismo. Nesa mesma lina de espertar de Galicia traballaron as "Irmandades da Fala" e, máis tarde, a revista "Nós". Á altura da Segunda República conseguiran consolidarse dúas tendencias fundamentais, representadas pola "Organización Republicana Gallega Autónoma" e o "Partido Galleguista", do que formou parte entre outras figuras sobranceiras, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Deste caldo de cultivo naceu o Estatuto de Autonomía, aprobado polo pobo galego pouco antes da Guerra Civil espanola, que marcou o comezo da dictadura, a 'longa noite de pedra' en palabras de Celso Emilio Ferreiro. Foi o franquismo una época fortemente centralista e inimiga de calquera aspiración galeguista, polo que foron moitos os que tiveron que exiliarse para loitar desde fóra polo reconecemento do 'feito diferencial galego'.

1975: !BENVIDA A DEMOCRACIA!

Desde a chegada da democracia no ano 1975 e a partires da aprobación da Constitución espanola en 1978, Galicia está a vivir un novo renacemento: desde 1981 os galegos contan cun parlamento propio e cun goberno elixidos en pluralidade e estan reconecidos como unha nacionalidade histórica dentro do marco político do Estado das Autonomías, que é como se autodefine o Estado Espanol.

Nese marco de liberdade de expresión desenvólvense desde entón con crecente normalidade tódalas artes, o folclore e sobre todo, a lingua, que pasa hoxe por un período de normalización e normativización que ten coma obxectivo achegar o idioma galego a tódolos ámbitos da vida das persoas.

GALICIA NO MUNDO

Ata hai non moitos anos, Galicia foi una terra de emigrantes e de tristes despedidas. Espallados por todo o mundo hai hoxe máis de 1 millón de galegos a traballar, a maioría deles en países sudamericanos. Por iso, unha das máis grandes palabras do diccionario espanol é unha palabra inequivocamente galega: a 'morrina', que é unha especie de morte pequena, a que experimenta un ser que está privado de algo moi importante, sexa a patria ou amada, sexa calquera outra realidade deste rango.

http://www.galizaweb.net/historia/index.php
http://www.cogami.es/CoGaMi/Galego/Historia.htm
www.fillos.org/fillos/historia.htm

2006 Centrum Studiów Galicyjski w Krakowie i w Warszawie
wykonanie: Nivo